Qué é un meipi?
Un meipi é un espazo no cal as usuarias poden aportar información e contido en torno a un mapa. Cada meipi ten un contexto determinado, o cal pode ser local (con entradas localizadas nunha zona xeográfica determinada), ou temático (cando os seus contidos están relacionados cunha idea concreta).
Un meipi permite a un grupo de usuarias poñer información en común en torno a un lugar ou un tema. Pode ser de utilidade para dinámicas colaborativas, obradoiros, asociacións, empresas, grupos de amigas, accións artísticas...
En meipi.org temos xa numerosos meipis creados por diferentes usuarias. Abarcan diversas zonas e temas, mostrando o potencial que pode ofrecer un meipi.
Como podo crear un meipi?
Para crear un
meipi hai que rexistrarse como usuaria en meipi.org. Premer o botón
crea meipi e encher o formulario. Unha vez completado o sistema confirma automa;ticamente que todo funcionou correctamente indicando o enderezo(url http://www.meipi.org/novomeipi) coa que acceder directamente ao
meipi recién creado.